Día das persoas con discapacidade
Como cada 3 de decembro, desde que a Asemblea Xeral das Nacións Unidades declaráseo en 1992, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Estímase que, a nivel mundial, un de cada sete habitantes sofre algún tipo de discapacidade, o que fai totalmente imprescindible contar con medios de transportes adaptados a todas as situacións.
Monbus traballa na mellora das condicións de accesibilidade dos seus servizos, para garantir o dereito das persoas para poder desprazarse libremente con independencia da súa condición física, mental ou sensorial. Na actualidade, a metade dos vehículos de Monbus son accesibles a persoas de mobilidade reducida ( PMR). A adquisición de novos vehículos realízase tendo en conta a lexislación vixente e a tecnoloxía dispoñible neste ámbito, como sistemas de inclinación, ramplas ou elevadores, dimensións das portas e corredores adaptados, sinalización adecuada, espazo para localización de cadeiras, medios adecuados de suxeición, entre outros.
Os usuarios dispoñen dunha atención especializada para transporte adaptado, podendo solicitalo para traxectos interurbanos operados por Monbus, enchendo un breve formulario na sección de contacto da web, a través de correo electrónico, redes sociais (twitter e facebook) ou teléfono (en todos os casos cun mínimo con dous días de antelación). No caso de traxectos urbanos, a frota de Monbus está adaptada ao esixido pola normativa, cun equipamento completo para PMR.
Como consecuencia destes esforzos, Monbus dispón cada vez de máis vehículos accesibles ás Persoas de Mobilidade Reducida ( PMR), así como a certificación segundo a Norma UNE 170.001-2 de Accesibilidade Universal en catro das súas empresas. Esta certificación, garante que se cumpra a lexislación de aplicación, así como unhas condicións mínimas (requisitos DALCO, para a Deambulación, Aprehensión, Localización e Comunicación). Adicionalmente, obriga ás empresas para ir mellorando paulatinamente estes servizos.